Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 481 novas da área temática Discapacidade:

21/07/2025 | 15:56 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda sinala que o cupo que esixen os independentistas ocasionaría a Galicia un prexuízo económico similar ao custo de dous anos de prestacións de dependencia

Apunta que o informe presentado hoxe no Consello da Xunta “constata que a situación pon en perigo a prestación dos servizos básicos en Galicia"

18/07/2025 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita a Aspace Galicia por 25 anos de traballo para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destaca a colaboración que manteñen o Executivo autonómico e as entidades que conforman esta federación e que se traduce no financiamento de preto de 250 prazas públicas en Galicia

15/07/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor o traballo de Alcer a prol da mellora da calidade de vida para as persoas con enfermidade renal crónica

Lembra que ata o 30 de xullo está aberto o prazo de solicitude das axudas para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade

13/07/2025 | 11:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o labor das entidades sociais a prol dos dereitos das persoas con ELA e a visibilización desta doenza

Perfecto Rodríguez lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha achega económica anual para os doentes

08/07/2025 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo da asociación Avelaíña a prol das persoas con enfermidades mentais nas zonas rurais

A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que esta entidade promove actividades esenciais para garantir o benestar das persoas usuarias e fomentar a súa participación social

27/06/2025 | 16:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a integración das persoas con discapacidade require da implicación e compromiso de todos os sectores sociais

Begoña Abeijón participou na entrega de premios de Smart Top Services, onde puxo en valor a sensibilidade das empresas premiadas

23/06/2025 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a nova unidade de atención temperá de Miño, Pontedeume e Vilarmaior inicia a súa actividade prestando un servizo gratuíto a unha vintena de familias

A directora xeral de Persoas con Discapacidade lembrou que esta é unha das seis unidades novas creadas a través a última orde de axudas destinadas a concellos e mancomunidades

19/06/2025 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García esixe ao Goberno que asuma o 50% do financiamento da atención á dependencia e que dea o mesmo trato a Galicia que ao País Vasco

Lembra que “lonxe de aumentar, a achega estatal baixa en Galicia”, pasando de asumir o 40% do financiamento en 2023 a reducilo ao 34,9% en 2024