Actualidade
Buscador de novas
O Hub audiovisual da Xunta acadou un impacto económico de máis de 32 M€ e executou 109 proxectos, segundo un estudo presentado pola USC
Permitiu a creación de 777 empregos anuais, a mobilización de 28,5 M€ a través da actividade transversal xerada e o retorno duns catro euros por cada euro investido
O encontro 'Conecta +' achégalles 22 novos proxectos audiovisuais a produtoras de España e Portugal co apoio da Xunta
O obxectivo desta xornada de ‘coworking’ é poñer en contacto a profesionais dos ámbitos da creación e da produción para propiciar a rodaxe de propostas que nestes momentos se atopan en fase de desenvolvemento
Bota a andar en Carral o centro de animación Amiga Space co apoio do Hub Audiovisual da Xunta de Galicia
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste ao evento de presentación desta iniciativa, subvencionada con 100.000 euros a través do fondo tecnolóxico para a compra de equipamentos e acondicionamento de instalacións
A Xunta destina 300.000 euros á nova convocatoria anual de subvencións para festivais audiovisuais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases desta liña de axudas para eventos estratéxicos que se celebren entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024
A Xunta apoia unha nova edición do Concurso de Corda “Cidade de Vigo” como “referente nacional” para os novos talentos da música
A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este venres na presentación do certame que se celebrará entre o 6 e o 9 de decembro no Conservatorio Superior de Música
A delegada da Xunta destaca a proxección internacional da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na apertura do curso académico
Ana Ortiz deu a benvida á dramaturga Ana Vallés, que impartiu a lección inaugural, e salientou tanto o intercambio de alumnado con países africanos como a presenza da escola na Cuatrienal de Praga e no Proxecto Nós
A Xunta apoia o 33º Festival de Jazz de Lugo, que inclúe 24 concertos do 3 ao 19 de novembro
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou na presentación do programa, que volverá contar con grandes figuras do xénero a nivel internacional e estatal, así como recoñecidos artistas galegos
Xunta e AGAPI organizan unha xornada formativa sobre a produción sostible nas rodaxes audiovisuais
O Museo do Pobo Galego acollerá este venres tres relatorios nos que se abordarán os retos e estratexias para a adopción de prácticas sostibles no sector do cinema e a televisión