Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 441 novas da área temática Emigración:

30/10/2024 | 20:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O documental ‘Anduriña, muller de ida e volta’ inicia na Casa de Galicia en Madrid unha xira por máis de 50 centros galegos de todo o mundo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á proxección de hoxe, xunto co director da Casa de Galicia en Madrid, Luis Ramos

28/10/2024 | 18:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a captación de talento co investimento de máis de 11 M€ en 2025 de cara a cubrir vacantes e mellorar o tecido produtivo galego

Dentro da iniciativa, José González debullou medidas novas a prol da volta de galegos como arredor de 2M€ para rehabilitar vivendas vinculados ao Retorna Cualifica Emprego, sumados ás bolsas BEME ou ás axudas extraordinarias ao retorno que soben 

26/10/2024 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza o traballo das entidades galegas do exterior a prol da nosa cultura

Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que impón aos retornados no fiscal -co foco nas rendas de traballo capitalizadas despois dunha vida- ou na sanidade

25/10/2024 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración cualifica o centro galego O Noso Lar da República Dominicana como un espazo de encontro e celebración da cultura galega

Antonio Rodríguez Miranda participou nun encontro coa colectividade nun acto organizado por este centro galego e ao que asistiron o embaixador de España na illa entre outros convidados

22/10/2024 | 15:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insta ao Goberno central a axilizar a homologación de títulos formativos para facilitar a integración sociolaboral dos retornados

O conselleiro puxo en valor o traballo desenvolvido a través da Estratexia Galicia Retorna e a necesidade de que o Executivo asuma as súas competencias e colabore no financiamento destas políticas autonómicas de retorno, das que Galicia é pioneira

19/10/2024 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforzará en 2025 o programa de Bolsas BEME para a mocidade galega do exterior, ampliando o orzamento e incorporando estudos de grao

José González puxo en valor esta iniciativa pioneira impulsada polo Goberno galego desde 2017 para atraer talento cualificado e fomentar o retorno da mocidade galega universitaria que reside no exterior

18/10/2024 | 13:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor que a Oficina de Retorno xa leva atendido na área de Vigo a preto de 5.000 familias

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina móbil no Porriño, reafirmando o compromiso da Xunta de Galicia con ofrecer un apoio integral e personalizado ás familias retornadas

17/10/2024 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os vínculos sociais e culturais coa colectividade do exterior

Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias

14/10/2024 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta mantén o seu compromiso coas persoas autónomas e emprendedoras retornadas que se queiran asentar en Galicia

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Pontedeume o obradoiro de chapeus e toucados artesanais de Natalia Domínguez, unha galega retornada dende Bos Aires, beneficiaria dunha achega autonómica para o autoemprego e a actividade emprendedora de emigrantes retornados