A Xunta destaca no acto conmemorativo do ´Día das Letras Galegas´ en Burgos o papel das comunidades galegas do exterior na difusión da nosa cultura

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do Día das Letras Galegas en Burgos destacando o papel fundamental das cantareiras na cultura galega

Burgos, 8 de maio de 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no acto institucional para celebrar o Día das Letras Galegas 2025 organizado polo Centro Galego de Burgos para celebrar o Día das Letras Galegas 2025. Este ano, e coincidindo co día dedicado á figura das cantareiras, a celebración centrouse no seu importante papel na conservación e transmisión da cultura e tradición galegas por medio de cantigas e bailes.

A celebración contou ademais, coas actuacións destacadas das Cantareiras do Centro Galego de Burgos e do recoñecido músico Xabier Díaz, que deleitaron ao público con pezas tradicionais como Agarrado de Vilar de Cabeiras e unha selección de muiñeiras e maneos, rematando cunha emotiva interpretación do Himno Galego a cargo do grupo Foles e Ferreñas.

Na súa intervención, o secretario xeral subliñou o compromiso do Goberno galego coas comunidades galegas residentes fóra do territorio, salientando que actos coma este mostran como Galicia é capaz de permanecer viva máis alá das nosas fronteiras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2025