Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.958 novas da área temática Infraestruturas:

01/04/2026 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para a prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena e a AC-432, en Vimianzo

Trátase de executar un novo tramo de 5,8 km de lonxitude, ata a intersección coa vía AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas, cun investimento por máis de 36M€

01/04/2026 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A AC-012 na Coruña reabrirá ao tráfico esta medianoite, ao acometerse a demolición do viaduto

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou as obras, que progresaron con maior axilidade do previsto

01/04/2026 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais dotada con 3,5M€

A través da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia o Goberno galego apoia a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras

31/03/2026 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 70.000€ realizado na mellora do equipamento da piscina municipal de Outes co apoio da Xunta

A delegada do Goberno autonómico subliñou que a administración autonómica aportou o 90% do financiamento total para renovar e modernizar diferentes elementos do complexo deportivo

31/03/2026 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a humanización da rúa Luis Antonio Mestre do Grove será clave na vertebración deste concello pontevedrés

O titular do Executivo autonómico subliña a importancia da colaboración institucional para facer realidade esta intervención

31/03/2026 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras para reforzar a cuberta do vaso da piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación dos traballos por un importe superior aos 205.200 euros para levar a cabo a substitución completa da estrutura

30/03/2026 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Belén do Campo destaca o gran despregamento previsto de maquinaria e de 40 traballadores para o derrubamento do viaduto da AC-12

A delegada da Xunta destacou que a actuación conta cun amplo dispositivo humano e técnico que permite traballar  as 24 horas do día, durante as 3 xornadas, para minimizar as afeccións ao tráfico

29/03/2026 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá ao tráfico durante toda a Semana Santa o tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar

A Xunta retomará o luns día 6 de abril os traballos, optando novamente por seguridade ao corte dun carril sentido Baiona

28/03/2026 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licitará este luns 30 as obras da senda peonil na AC-862 ao paso por Ortigueira, que suporán un investimento total de 440.000 €

O novo itinerario terá medio quilómetro de lonxitude pola marxe esquerda da estrada e conectará o núcleo do municipio co aparcadoiro que se habilita no Festival do Mundo Celta