Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avoga por reforzar a transversalidade do diálogo social para avanzar cos axentes sociais no consenso de aspectos prioritarios do mercado laboral
González sinala que co decreto de Diálogo Social, publicado hai uns días no DOG, Galicia dá un paso máis na consolidación desta ferramenta clave na interlocución social e conta cun marco regulado e permanente para abordar retos
Manuel Pardo pon en valor o compromiso da Xunta a prol do emprendemento a través dunha nova convocatoria do Bono Nova Oportunidade
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito (1,5M€), para apoiar ás persoas autónomas que cesaron a súa actividade e decidan emprender un novo negocio
A Xunta avanza na construción do parque empresarial de Fragamoreira coa licitación do contrato para a expropiación dos terreos
O polígono industrial situado no concello de Poio contará con máis de 373.000 metros cadrados de superficie
Galicia acada o mellor mes de abril de toda a serie histórica de afiliacións e paro con 1.103.820 cotizantes á Seguridade Social e 112.293 persoas desempregadas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións á Seguridade Social destacando que a nosa Comunidade ten 16.386 afiliados máis que en abril de 2025
A Xunta remarca o seu compromiso coa revitalización comercial dos cascos históricos con iniciativas piloto como o proxecto Vilas Vivas
José González resalta a importancia da colaboración público-privada para afrontar os retos destas contornas, algúns compartidos co resto do sector, como a adaptación aos novos hábitos de consumo ou a profesionalización, e outros propios
A Xunta define o Diálogo Social como “a mellor ferramenta” para abordar o absentismo en colaboración con sindicatos e patronal
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou no acto organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia para presentar o informe sobre absentismo elaborado por expertos das universidades de Santiago de Compostela e Vigo
A Xunta recoñece en Ourense a Bermello Electrodomésticos como exemplo de comercio tradicional que aposta pola dixitalización
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participou hoxe nun dos locais de Bermello Electrodomésticos na presentación de Xerme III, iniciativa que busca reforzar o ecosistema emprendedor galego no ámbito do comercio electrónico
A Xunta pon en marcha o programa ‘Aventúrate con Galicia’ para que 30 rapaces e rapazas do exterior descubran a terra das súas raíces
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria desta iniciativa destinada a nenos e mozos de entre 10 e 17 anos descendentes de emigrantes galegos para participar en campamentos de verán e reforzar o vínculo coa súa terra de orixe