Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amosa en Salvador de Bahía a batería de medidas e apoios autónómicos ás persoas emigrantes que deciden retornar a Galicia
O secretario xeral da Emigración informou no Club Español á colectividade galega do nordeste brasileiro sobre a Estratexia Galicia Retorna e as oportunidades que ofrece Galicia ás persoas residentes no exterior interesadas en retornar
A Xunta propón o seu modelo de cooperación transfronteiriza como exemplo na Asemblea Rexional Euromediterránea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa como membro da Asemblea Rexional Euromediteránea na reunión da asemblea xeral en Palermo
O Centro Dramático Galego coproduce en Portugal o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ que se estrea no Porto
O Rivoli do Teatro Municipal do Porto acolle os días 7 e 8 as primeiras funcións desta montaxe, que en decembro poderá verse tamén en Lisboa e Santiago de Compostela
A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e considerar as microcredenciais como ferramenta clave para a inserción laboral das persoas migrantes
Poñendo en valor o modelo Galicia para captar, reter e aproveitar o talento das persoas traballadoras de xeito ordenado e planificado, José González lamentou que non se tivesen en conta as microcredenciais na reforma da Lei de estranxeiría
A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta
A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión
A Xunta defende na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza unha maior implicación das rexións no próximo cumio ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presenta as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral e desenvolvemento territorial
A Xunta solicita reunión co novo coordinador europeo do Corredor Atlántico para abordar a necesidade de avanzar nesta infraestrutura estratéxica
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinala que o obxectivo de dito encontro é avanzar no desenvolvemento do mesmo, supervisando o cumprimento de prazos e asegurando que os investimentos se materialicen con urxencia e sen retrasos