Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 788 novas da área temática Xuventude:

13/05/2025 | 11:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta trae a Ferrol unha actividade de ‘Escape Room’ interactivo para educar e sensibilizar aos máis mozos sobre os riscos que entrañan os xogos de azar

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá en rolda de prensa a iniciativa que se celebrará os días 17 e 18 de maio na praza da Constitución

13/05/2025 | 10:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 6,7 M€ ás axudas a novos proxectos emprendedores coas que promove a remuda xeracional e a continuidade de negocios asentados no territorio

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas que se poderán solicitar desde o vindeiro 21 de maio ata o 30 de xuño de 2025

12/05/2025 | 13:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta arranca en Vigo as xincanas educativas da iniciativa ‘Localízate’ para conectar a mocidade co comercio local en diferentes cidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, a delegada territorial da Xunta en Vigo e a directora xeral de Xuventude participaron hoxe na primeira xornada da iniciativa piloto dirixida á mocidade e enmarcada no Plan estratéxico do Comercio de Galicia 

09/05/2025 | 15:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove este domingo en Lugo un ‘Escape Room’ para concienciar á mocidade sobre os riscos dos xogos de azar

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa esta actividade gratuíta que busca previr esta adicción e sensibilizar sobre os perigos que implica

08/05/2025 | 15:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove a lingua entre a mocidade de Castela e León con estadías en campamentos galegos

As accións formativas e de lecer enmárcanse no programa de promoción do galego nos territorios leoneses limítrofes con Galicia

08/05/2025 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel da educación social na defensa dos intereses da infancia e da adolescencia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participa na apertura do I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social

08/05/2025 | 12:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o labor das entidades privadas de acción voluntaria con máis de 130.000€ para este 2025

A convocatoria de axudas publicada hoxe ten por obxecto reforzar o traballo das organizacións que fomentan a solidariedade e o compromiso social

07/05/2025 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia o deseño dun Plan de benestar dixital para garantir o uso saudable, seguro e responsable da tecnoloxía nas aulas

O conselleiro de Educación reúnese cun equipo de expertos nos eidos da pedagoxía, a medicina, a psicoloxía e a tecnoloxía para elaborar esta folla de ruta

06/05/2025 | 14:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o labor que desenvolven os centros Quérote+ na sensibilización afectivo-sexual entre a mocidade galega

A directora xeral de Promoción da Igualdade sinalou que estes recursos asesoraron a máis de 1.200 mozas e mozos no primeiro trimestre do ano

06/05/2025 | 12:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a creación dun selo para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico

O representante da Xunta avanza que as empresas comprometidas co galego terán vantaxe na concesión de axudas e nos procedementos do Executivo autonómico