Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.458 novas da área temática Sanidade:

12/05/2026 | 11:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o traballo da enfermería dos sete equipos de soporte de atención domiciliaria de Ourense, que realizaron xa case 57.400 consultas e atenderon 32.450 pacientes

Remarca que os 35 equipos de soporte de atención domiciliaria en primaria incorporados en toda Galicia realizaron, desde a súa posta en marcha no ano 2022, máis de 214.000 consultas e atenderon máis de 177.000 pacientes

12/05/2026 | 11:49 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a adxudicación de destino definitivo de 65 médicos de familia de atención primaria seleccionados por concurso-oposición

Noméanse dez profesionais para a área sanitaria da Coruña e Cee; dous para a de Ferrol; dez para a de Santiago de Compostela e Barbanza; dez para a área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 15 para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; cinco para a de Pontevedra e O Salnés; e 13 para a área de Vigo

11/05/2026 | 17:44 | C. de Sanidade

Martina Aneiros destaca a importancia do proxecto Xenoma Galicia e anima a todos os convocados a participar

Os participantes do proxecto son persoas de entre 35 e 70 anos que foron invitadas a través de mensaxes SMS enviados aleatoriamente

11/05/2026 | 14:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia a primeira Lei de saúde pública de Galicia para optimizar a resposta aos novos riscos sanitarios e que reforzará a prevención

O Executivo galego abre un proceso de consulta pública para recibir achegas da cidadanía e dos axentes implicados á redacción da norma

11/05/2026 | 13:27 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
11/05/2026 | 12:09 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 45 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 8 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 10 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

09/05/2026 | 17:37 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o compromiso da Xunta co emprego estable na sanidade pública coa celebración dos exames para optar a 1.980 prazas de enfermería

As probas desta tarde tiveron unha taxa de participación do 90,7 % ao presentarse 7.859 persoas das 8.661 que estaban convocadas 

08/05/2026 | 19:34 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño traslada o compromiso da sanidade pública galega co reforzo da atención ás persoas con síndrome de Down para previr o envellecemento precoz e mellorar a súa calidade de vida

O conselleiro aposta pola implantación de medidas e protocolos que faciliten a mellor asistencia específica no eido da síndrome de Down

08/05/2026 | 14:30 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o esforzo da Sociedade Española de Gerodontología por ofrecer respostas avanzadas para a saúde bucodental dos maiores

O conselleiro remarca que a atención aos maiores representa actualmente un desafío sanitario de primeira magnitude que require a adaptación constante do sistema de saúde