Actualidade
Buscador de novas
A Xunta volve a esixir ao Goberno do Estado garantías xurídicas inmediatas para a continuidade do programa de auxiliares de conversa en Galicia
O conselleiro Román Rodríguez vén de remitir unha carta á ministra Milagros Tolón onde reclama que se adopten medidas urxentes para blindar a súa seguridade
Rueda enxalza o talento e o esforzo dos 106 alumnos galegos galardoados cos premios académicos como o mellor exemplo da "Galicia Calidade"
“É un tesouro que hai que coidar porque aí está o futuro do país”, resalta
A Xunta felicita ao CiQUS por obter o prestixioso selo María de Maeztu, un novo fito da I+G+i galega
Trátase dun centro da Universidade de Santiago, ao que a Xunta de Galicia leva destinado 12 M€ como integrante da Rede CIGUS para promover a excelencia científica
Román Rodríguez felicita aos alumnos galegos participantes na Olimpíada Informática Española
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP recibe a David Lago, de Redondela, e Nicolás Freiría, do Porriño, campión e subcampión do certame galego
Manuel Pardo defende a práctica do debate e da argumentación entre o alumnado para entender os desafíos globais
O delegado territorial manifestou que só a través do razoamento do sistema internacional, a motivación do actuar dos seus actores e as teorías que o sustentan permiten comprender mellor a realidade mundial
Román Rodríguez destaca o papel da II Feira de Educación, Formación e Emprego da Coruña na orientación do alumnado
A iniciativa forma parte do calendario Galicia Educa con 16 feiras que apostan por novos modelos de orientación académica e profesional
A Xunta propón que o vindeiro curso escolar 2026-27 comece o 9 de setembro e remate o 21 de xuño
A Consellería de Educación remite ás organizacións sindicais a proposta de calendario escolar para o seu debate na vindeira reunión da Mesa Sectorial Docente
Reguera destaca a excelente preparación do alumnado da escola FP Marítimo-Pesqueira tras asistir a un dos seus simulacros
O delegado territorial tamén comprobou o funcionamento do simulador de radio do sistema mundial de socorro e salvamento marítimo co que o alumnado realiza as súas prácticas