Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.924 noticias de la área temática Emprego:

20/06/2026 | 21:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o papel dos colexios profesionais no desenvolvemento socioeconómico de Galicia

José González felicitou a todas e todos os profesionais premiados e tamén ao directivo bancario Pablo Junceda, recoñecido co Premio Unión Profesional de Galicia 2026

20/06/2026 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela

José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia

20/06/2026 | 13:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Ribadavia o oficio da marroquinería artesanal dentro do proxecto Vilas Vivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá o desenvolvemento do curso Tomate e trevo impartido pola artesá Antonina Kadyrova na Casa Artesanía de Galicia

20/06/2026 | 10:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Case 15.900 aspirantes comezan hoxe as oposicións de educación para seguir mellorando o sistema

Román Rodríguez transmite os seus mellores desexos aos opositores e felicita ás persoas detrás do dispositivo pola organización dun proceso tan amplo

20/06/2026 | 09:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e os axentes sociais coinciden na urxencia de actuar de xeito integral para reducir o impacto do absentismo en Galicia ante os distintos informes que alertan do seu incremento

O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, presidiu esta semana a cuarta reunión técnica do grupo de traballo creado no Diálogo Social para definir as medidas neste eido

19/06/2026 | 15:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Cádiz a súa estratexia de impulso á Artesanía de Galicia no marco do Festival Sures

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia participou esta mañá na mesa redonda ‘O público como motor creativo’, na que se abordou o papel das institucións públicas na dinamización cultural, económica e de proxección exterior dos territorios

19/06/2026 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as entidades de formación como axentes clave que conectan o talento coas necesidades de capacitación do tecido produtivo

José González defende a importancia do diálogo permanente e a escoita activa co sector para avanzar na mellora continua das políticas activas de emprego impulsadas polo Goberno galego

19/06/2026 | 14:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega os recoñecementos ‘Medrando Xuntas Impulsa 2026’ para visibilizar o talento feminino na economía social de Galicia

As directoras xerais de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participaron hoxe na entrega de galardóns enmarcada no programa que busca fortalecer o papel das mulleres na economía social