Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.337 novas da área temática Igualdade:

26/11/2025 | 18:12 | C. de Política Social e Igualdade

O observatorio galego reforza o compromiso co deporte inclusivo coa posta en marcha dun grupo de traballo específico

O pleno celebra de xeito positivo o recente ditame do Tribunal de Xustiza Europeo que determina que todos os países da Unión Europea deben recoñecer os matrimonios entre persoas do mesmo sexo celebrados legalmente noutro Estado membro

25/11/2025 | 17:12 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García defende seguir impulsando os 365 días do ano a prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero entre as xeracións mozas

Avanzou que a Xunta seguirá reforzando os recursos de asesoramento a pé de rúa coa posta en marcha dos CIMs móbiles no rural e campus universitarios

25/11/2025 | 15:53 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade
25/11/2025 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo subliña os máis dun millón de euros que a Xunta destina aos 17 CIM da provincia de Ourense a prol das vítimas de violencia de xénero

O delegado territorial destacou que este centro, que ten unha área de influencia nos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín, recibiu unha achega da Consellería de Política Social e Igualdade de preto de 52.000 euros para levar a cabo os programas que garantiran ás mulleres axuda xurídica, psicolóxica ou de calquera outro tipo

25/11/2025 | 13:27 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca o papel dos profesionais na detección de posibles casos de violencia de xénero a través do cribado, que permitiu realizar máis de 1.300 entrevistas este ano

Os centros de saúde galegos desenvolven un protocolo de actuación no caso de detectar sinais de alerta nas consultas das mulleres maiores de 15 anos

25/11/2025 | 10:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre as inscricións para participar na XII Andaina contra a violencia de xénero ‘Camiño ao Respecto’ que se celebrará o vindeiro sábado en Santiago

As persoas interesadas poderán sumarse á iniciativa cubrindo o formulario habilitado na páxina web do evento