Actualidade
Buscador de novas
Villares sitúa a Galicia como referente en formación no ámbito marítimo pesqueiro na que inviste este ano 12,3 millóns de euros
O titular de Mar puxo en valor o traballo docente deste centro autonómico, o primeiro de España, recoñecido como Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación, que forma cada curso a preto de 400 persoas
Galicia reclama unha reforma da Política Pesqueira Común que responda de xeito eficaz ás necesidades e desafíos actuais do sector
O titular de Mar avoga por un modelo de xestión pesqueira equilibrado entre os factores medioambientais e os socioeconómicos, sustentado no coñecemento científico, e que reforza a pesca como piar da soberanía alimentaria
A Xunta acorda co sector unha parada biolóxica en abril e unha veda do polbo en Galicia nos meses de maio e xuño para facilitar a recuperación do recurso
A parada biolóxica e a veda son medidas técnicas que recolle o plan do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostible deste recurso pesqueiro
Galicia sitúa como prioridades a sostenibilidade, calidade e competitividade dos portos deportivos para impulsar o turismo náutico na comunidade
O presidente de Portos de Galicia destaca que a rede portuaria galega é a máis grande de España duplicando a de Andalucía que ocupa a segunda praza no ranking o que supón grandes desafíos na súa xestión
O Intecmar, presente na xornada para axudar ao sector pesqueiro a afrontar os efectos do cambio climático
O simposio, que contou coa colaboración o Galp Ría de Pontevedra, reforza o compromiso co fortalecemento da actividade que xera a cadea mar-industria
Villares pon en valor o liderado do Intecmar que sitúa a Galicia á vangarda europea avalando a seguridade do consumo dos produtos pesqueiros da comunidade
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño exerceu de anfitrión, por cuarto ano consecutivo, do encontro no que se abordaron os últimos avances no control da calidade das augas e cambios lexislativos en España e na UE
Mar iniciará na primavera a pavimentación da explanada do porto deportivo de Viveiro e a subtitución das luminarias por dispositivos led
O conselleiro avanza á rexedora municipal que estas dúas actuacións contan cun investimento que supera os 215.300 euros e traslada o compromiso da Xunta para acometer o saneamento e urbanización da zona portuaria
Alfonso Villares destaca que a igualdade na pesca é un obxectivo irrenunciable para o Goberno galego
Segundo expuxo, máis de 500 mulleres traballan na arte extractiva, máis de 1.300 na acuicultura, 2.373 no marisqueo a pé e o 48,6% dos profesionais da industria e da comercialización tamén son de xénero feminino
A directora do CETMAR falará sobre economía azul na World Maritime Week, que reúne en Bilbao aos líderes mundiais da industria marítima
Rosa Chapela presentará dous relatorios, un nunha sesión transversal e outro no Eurofishing, un dos catro congresos que se celebrarán do 19 ao 21 de marzo no marco da Semana Marítima Mundial