Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.138 novas da área temática Vivenda:

16/02/2026 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugamento en Cospeito e Vilalba

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a vivenda da capital chairega é froito da rehabilitación integral dun inmoble na rúa Ferrería, situada no casco histórico

16/02/2026 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a delimitación do ámbito de Ribadeo para desenvolver solo residencial onde construír 300 vivendas

A resolución implica a declaración do interese autonómico da actuación a levar a cabo no ámbito delimitado dentro dos seguintes límites: norte, avenida de Ribadeo e terreos de solo urbano; sur, viario municipal e parcela; leste, camiño de Reverte a Vilar e terreos de solo urbano e oeste, viario municipal e parcela

13/02/2026 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A nova Sociedade Pública de Vivenda da Xunta licita proxectos de preto de 2.500 vivendas públicas no seu primeiro ano de funcionamento

García Porto cualifica de “caso de éxito rotundo” o traballo que está a realizar a sociedade, tras licitar estes proxectos de vivenda, das que 1.641 construiranse en solo da Xunta, 837 en parcelas cedidas polos concellos e 16 proceden da transformación de locais en vivendas

13/02/2026 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/02/2026 | 12:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar o ‘Bono Emancípate’ dotado este ano con 3M€

Poden concorrer as persoas menores de 36 anos cun contrato de alugueiro ou unha escritura de compravenda subscritos con posterioridade ao 30 de abril de 2025

12/02/2026 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
10/02/2026 | 14:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca os 2.000 M€ que investirá a Xunta ata 2030 para acadar un parque de 10.000 vivendas públicas e blindar o dereito a un fogar

Resalta que o novo Pacto nace do “consenso co sector” no marco do Observatorio da Vivenda e pon o foco na construción, a rehabilitación e a xestión de solo residencial

10/02/2026 | 11:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de interese autonómico para o desenvolvemento dunhas 160 vivendas na Penouqueira, en Arteixo

O informe emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña efectos ambientais adversos significativos na contorna

09/02/2026 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ana Ortiz destaca o “excelente grao de execución” da construción de vivenda pública en Vigo con 134 M€ e preto de 1.000 pisos en marcha

A delegada territorial da Xunta fixo balance das actuacións que está levando o Goberno galego na cidade así como dos obxectivos para este ano 2026