Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 446 novas da área temática Discapacidade:

19/01/2025 | 10:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das persoas con discapacidade intelectual

Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro

17/01/2025 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coa Fundación Igualarte na integración das persoas con discapacidade a través das disciplinas artísticas

A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou a sede da entidade para comprobar a evolución dos proxectos que leva a cabo e as previsións para 2025

02/01/2025 | 18:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o exemplo de inclusion laboral de Carmen Álvarez como emprendedora no marco de Artesanía de Galicia

Esta artesá é a propietaria de Carmelamola, no mercado de San Agustín, unha marca de bixutería que forma parte de Artesanía de Galicia dende o ano 2023 

01/01/2025 | 10:39 | C. de Política Social e Igualdade

Entra en vigor o Plan da Xunta para axilizar e simplificar o acceso á dependencia e á discapacidade

Ábrese unha vía preferente de atención para as persoas maiores de 80 anos

27/12/2024 | 15:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta aproba un plan para reducir agardas no eido da dependencia e a discapacidade e resolver as solicitudes en seis meses

Resalta que as persoas solicitantes só terán que presentar un documento, xa que a propia solicitude contará coa información social e familiar suficiente para resolver, co se busca “reducir ao máximo a burocracia”

26/12/2024 | 13:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca o éxito do programa ‘Xuntos polo Nadal’ que este ano permite que 270 maiores pasen estas festas en compañía

A través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias do Carballiño e Panxón