Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor os proxectos estratéxicos autonómicos como instrumentos para ordenar o territorio e impulsar vivenda protexida e a economía
Mª Encarnación Rivas fai fincapé nos Proxectos de Interese Autonómico e os Proxectos Industriais Estratéxicos, “claves para garantir unha planificación eficiente, axilizar a tramitación administrativa e dar resposta ás necesidades reais da cidadanía”
A Xunta recibe 12 ofertas para a redacción do proxecto de construción de 73 vivendas de promoción pública en Carballo
O Goberno galego estima en 14M€ o investimento total que suporá a construción deste novo inmoble, que se sitúa nunha parcela cedida polo Concello
A Xunta concede axudas a cooperativas e promotores por importe de 3,8 M€ de fondos propios para a construción de preto de 400 novas vivendas protexidas
Na Coruña, nunha das parcelas de Someso están en marcha as obras por parte da cooperativa Terrazas de Ézaro para acadar 80 vivendas protexidas, cunha achega autonómica de 800.000€
A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de San Amaro, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe deste trámite ao alcalde deste municipio, Fernando Rodríguez Redondo
Allegue: “Pedimos ao Ministerio que o Plan Estatal impulse a construción e o desenvolvemento de solo residencial, claves para afrontar o déficit de vivenda”
O documento que presenta o Goberno central non foi consensuado coas comunidades, polo que a Xunta solicitou hoxe unha reunión bilateral co Ministerio, previa á Conferencia Sectorial para que inclúan as reivindicacións de Galicia, trasladadas en decembro do 2024
A Xunta leva transferidos 1,4 M€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais
O Goberno galego concedeu xa 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo
O Consorcio Casco Vello de Vigo avanza na recuperación do Berbés coa rehabilitación dun edificio histórico
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, visitou as obras de reforma en Ribeira do Berbés 39
A conselleira María M. Allegue esixe ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que garanta a prórroga dos fondos europeos ás promocións das cooperativas en Galicia
Allegue pon o acento na necesidade da prórroga dos fondos MRR para non frear as promocións cooperativas como a de Xuxán (na Coruña) ou á das 27 vivendas prevista en Vigo, que non chegarán a tempo se non se amplían os prazos
Rueda destaca o papel do sector da construción para duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura
Subliña que a Xunta declarou o sector como estratéxico no mes de febreiro, unha decisión avalada polo seu peso económico, representando preto do 5,7% do PIB autonómico, e profesional, con milleiros de postos