Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Auga:

30/07/2025 | 11:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman preto de 2 quilómetros no concello pontevedrés de Oia

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de cinco semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

29/07/2025 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración no rural de Ferrol incidirá en seis parroquias cun investimento de máis de 5,7 M€

Ángeles Vázquez salienta que as actuacións, nas que a Xunta aporta o 70% do investimento e o Goberno local o 30% restante, beneficiarán a 1.350 habitantes de distintos núcleos de Brión, Covas, A Cabana e A Graña, Doniños e Esmelle

28/07/2025 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman 4,7 quilómetros no concello de Viveiro

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

23/07/2025 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a posta en marcha da nova EDAR do Pino garante un servizo de calidade para 1.200 veciños de 5 núcleos rurais do municipio

Os traballos incluíron tamén a execución dunha nova estación de bombeo de augas residuais e das conducións necesarias para garantir o seu correcto funcionamento, cun investimento total por parte de Augas de Galicia de 2,2 millóns de euros

22/07/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia informa ao concello das Pontes de que estarán dispoñibles máis de 2.100 l/s para novos usos

A nova capacidade débese á modificación da concesión de auga a Endesa que, tras o desmantelamento da central térmica, pasa de consumir 2.560 l/s a 390 l/s

19/07/2025 | 16:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xustiza dá de novo a razón a Augas de Galicia fronte ao concello de Vigo e ratifica a xestión, conservación e mantemento da presa de Eiras

Tódolos pronunciamentos xudiciais en relación a xestión da presa veñen confirmar a legalidade da actuación da Xunta de Galicia

16/07/2025 | 11:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento de Cabanas para dar servizo a unha poboación de máis de 7.000 habitantes cun investimento de 3,43 M€

Ángeles Vázquez explica que a previsión é que última actuación estea rematada no verán do vindeiro ano para garantir un mellor servizo á veciñanza da localidade, cuxa poboación chega a triplicarse nesta época do ano

15/07/2025 | 11:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Fornelos de Montes na ampliación da rede de saneamento de Fondo de Vila

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o alcalde de Fornelos, Emiliano Lage, visitaron as obras que reciben fondos da Dirección Xeral de Administración Local