Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia e o servizo de Gardacostas comisan 25 quilos de percebe na Coruña
Este comiso é o resultado dun operativo contra o furtivismo na zona da Torre de Hércules que se saldou con catro persoas investigadas e coa tramitación das correspondentes actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia
A Xunta reforzará nos orzamentos de 2026 a prevención e a dotación de equipamento para “estar mellor preparados” ante futuras emerxencias
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avanzou parte dos orzamentos do seu departamento destinados a este ámbito e anunciou que se reservarán 330.000 euros para colaborar cos concellos máis pequenos na redacción dos seus plans de acción municipal fronte incendios forestais
A Xunta convoca un curso de formación básica para persoal voluntario de Protección Civil
A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá esta acción formativa, que se realizará de xeito descentralizado no concello do Porriño
A Xunta entrega equipamento de emerxencias para as actuacións do grupo especial de localización e rescate da ONG IAE
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega de un kit de material específico de rescate en altura para apoiar o traballo que realizan estes voluntarios