Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo anima ás entidades de acción voluntaria a solicitar as axudas do programa de servizo de voluntariado xuvenil co prazo aberto ata o 17 de febreiro
A delegada da Xunta reuniuse con representantes Asdegal (Acción Solidaria de Galicia ONG de Voluntariado) para coñecer os seus proxectos e iniciativas e trasladoulles o apoio do Goberno galego para seguir colaborando con esta ONG
A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa está impulsada xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Xunta recibe máis de 1.300 solicitudes no primeiro día para pedir o Bono Emancípate destinado á mocidade
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha esta liña de apoio para sufragar os primeiros gastos do fogar, como a compra de mobiliario e outros artigos
A Xunta reforza o compromiso coa empregabilidade da mocidade subindo a preto de 6,3 M€ o orzamento de 2025 do programa de 1ª experiencia profesional
A acción forma parte da batería de medidas destinadas á forza laboral interna, chave para cubrir as demandas do tecido produtivo xunto a un plan de captación de talento que inclúe feiras de emprego na Arxentina (6 e 7 de marzo) e O Uruguai (10 de marzo)
Medio Rural avanza na nova convocatoria de axudas para a incorporación de mozos ao agro que contemplarán os plans de mellora vinculados
Co esta iniciativa darase prioridade ás persoas mozas que soliciten incorporación ou que, tendo axuda xa aprobada, non dispoñan polo de agora de plan de mellora, para que así poidan levar adiante o seu proxecto
A Xunta abre o prazo para que entidades e concellos se adhiran a terceira edición do ‘Xuventude Mentoring na Empresa’
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza con 1,3 M€ esta convocatoria para que a mocidade, de entre 18 a 30 anos, realice prácticas de ata 4 meses
López Campos presenta o Bono emancípate como unha medida “con vocación de continuidade no tempo”
Destaca que “como novidade con respecto a outras políticas relacionadas coa vivenda, pon o foco no esforzo que supón o equipamento dun fogar”
A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos apoios enfocados a reter o seu talento en Galicia
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€)
A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de Garantía Xuvenil e as medidas a prol de incentivar a empregabilidade da mocidade en Galicia
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego dúas preguntas sobre as políticas impulsadas polo Goberno galego a favor do emprego entre este colectivo prioritario