Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.430 novas da área temática Administración pública:

19/03/2026 | 11:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ponteceso avalían vías de colaboración para facer traballos de conservación nun tramo da senda do río Anllóns

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xa apoiou ao municipio o ano pasado na realización de actuacións semellantes de acondicionamento de parte dun camiño peonil paralelo á canle fluvial cun investimento de máis de 50.000 euros

18/03/2026 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia unha nova convocatoria de axudas de 3 M€ para mellorar as instalacións e os equipamentos das asociacións de veciños, de mulleres rurais e das comunidades de usuarios de augas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo visitou as melloras levadas a cabo no local da asociación de veciños de San Lázaro, que resultou beneficiaria da orde do ano pasado cunha achega de 12.000 euros

17/03/2026 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta detalla os itinerarios alternativos polo corte da Avenida da Pasaxe o 30 e 31 de marzo e 1 de abril para avanzar nas obras de acceso ao Novo Chuac

O peche do tráfico durante estes tres días permitirá a demolición do viaduto dado que se prevé unha reducción da circulación de entre o 20 e 25% por coincidir coa Semana Santa

13/03/2026 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo e o alcalde de Serra de Outes avalían as necesidades do concello nun encontro de traballo

A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Outes e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio

13/03/2026 | 10:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais de nivel intermedio

As inscricións poden realizarse desde o luns, 16 de marzo, ata o mércores, 25 de marzo, a través da Rede CeMIT