Arias e a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo abordan a colaboración para as celebracións deste ano

Lugo, 13 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe con membros da directiva da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, para abordar a colaboración da Administración autonómica coas actividades deste ano.

Arias salientou que a lucense é unha das tres festividades de Semana Santa da provincia coa consideración de Festa de Interese Turístico, xunto coa de Mondoñedo – ambas a nivel galego – e a de Viveiro – co recoñecemento internacional -. Lembrou que a Xunta convoca unha orde anual de axudas que poden solicitar os concellos para apoiar os gastos derivados das festas declaradas de interese de Galicia.

O delegado subliñou que ademais da vertente relixiosa e cultural, esta celebración ten unha especial importancia como atractivo turístico e contribúe á dinamización económica da cidade nunhas datas nas que se incrementa a afluencia de visitantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/03/2026