Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.437 novas da área temática Comercio:

23/09/2026 | 16:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel das Cámaras de Comercio como aliadas estratéxicas para afrontar os retos do tecido produtivo galego

Encomia a traxectoria e papel de José García Costas como interlocutor e ofrece a colaboración do Goberno autonómico

22/09/2026 | 15:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia con máis de 13.000 euros ao Centro Comercial Aberto de Caldas

O delegado territorial destaca o papel do comercio de proximidade como elemento clave para a actividade económica e a vida dos municipios

21/09/2026 | 20:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no Castro de Caldelas a capacidade da campaña ‘Merca no teu comercio’ para impulsar o consumo de proximidade no rural

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde na entrega de premios nesta localidade ourensá ao abeiro da iniciativa, que se encadra na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio

20/09/2026 | 09:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre mañá o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Artesanía de Galicia 2026

Ata o vindeiro 1 de outubro poderanse presentar as propostas para as tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000€, Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e as tres Bolsas Eloy Gesto, dotadas con 4.000€ cada unha

19/09/2026 | 20:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a Festa Final da Campaña Extraordinaria ‘Boiro Xoga’ a prol do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á clausura da iniciativa da Asociación Boirense de Empresas, integrada no pulo autonómico ao sector comercial a través de cinco campañas extraordinarias apoiadas coa orde para centros comerciais abertos

18/09/2026 | 18:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo puxo en valor a campaña de ‘Volta ao Cole’ no marco do apoio da Xunta ás accións de dinamización da asociación de empresarios de Ribeira

En colaboración coa campaña Com-pensa do Goberno galego entregaronse bolsas de tea na praza do Concello por cada billete presentado, ata fin de existencias

16/09/2026 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica a responsabilidade social e o benestar laboral como claves para a competitividade das empresas nos premios RSE Galicia 2026

Os galardóns autonómicos recoñeceron nesta edición a Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, en mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, en gran empresa; e Altia, na de Conciliación