Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 516 novas da área temática Emigración:

03/08/2026 | 15:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o apoio de 2,5 M€ da Xunta á comunidade galega en Venezuela, con partidas específicas para ás persoas afectadas polo terremoto de xuño

O Consello analizou hoxe un informe sobre esta liña de achegas extraordinaria, que publicará este mércores o DOG, e sobre outros apoios da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aos que teñen acceso as persoas galegas no país caribeño

01/08/2026 | 21:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
29/07/2026 | 15:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta implica a mocidade galega do exterior na conservación do patrimonio natural e cultural a través de Conecta co Voluntariado en Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que "participar neste programa significa contribuír activamente á protección de Galicia e fortalecer o vínculo coa terra a través do compromiso e da solidariedade"

28/07/2026 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda participa no acto de recepción da obra ‘Santa’, de Francisco Asorey, no seu regreso definitivo a Galicia

A escultura, que retorna á comunidade 100 anos despois da súa creación, poderá visitarse na Cidade da Cultura

26/07/2026 | 16:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda defende a Galicia do exterior como un motor clave para a atracción de talento e o crecemento da comunidade

Salienta a importancia da colaboración entre as institucións e as entidades financeiras estratéxicas para impulsar o crecemento do tecido empresarial e o apoio ás pemes e autónomos

22/07/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no inicio da nova edición do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata

17/07/2026 | 20:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo no Porto do Son a importancia de preservar a memoria da emigración como parte do patrimonio colectivo de Galicia

O secretario xeral da Emigración participou na presentación do libro ‘Sonenses en América e americanos en Porto do Son’ e na inauguración da exposición ‘A memoria da emigración nas familias de Porto do Son’, promovida polo Concello e financiada polo Goberno galego