A Xunta apoia a II Foliada do Emigrante, que se celebra este sábado na praza do Cádavo en Baleira

Baleira (Lugo), 30 de xullo de 2026

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe en Baleira na presentación da II Foliada do Emigrante, que se celebrará o sábado, día 1 de agosto, organizada pola asociación cultural Camiño Primitivo co apoio da Xunta de Galicia.

Villares agradeceu aos organizadores “que dean continuidade á cita, que enriquece a oferta de ocio do municipio durante o verán cunha homenaxe aos veciños e veciñas que marcharon a outros lugares, pero nunca perderon o vínculo e seguen regresando coas súas familias aos seus pobos de orixe”.

A cita terá lugar na praza do Cádavo e incluirá unha feira de artesanía e animación musical durante a xornada. Para participar na comida popular é preciso adquirir previamente os tíckets nos bares da localidade ou ben chamando ao número de teléfono 626 376 642. Pecharán a programación o concerto de Ardentía, a partir das 22:00 horas, e unha sesión do DJ Valiño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/07/2026