Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.437 novas da área temática Comercio:

06/03/2026 | 13:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Sarria o labor dos comercios que saben aunar tradición e innovación ao tempo que garanten a remuda xeracional no sector

José González xustifica o recoñecemento á Panadería Pallares na última edición dos Premios do Comercio Galego no seu bo facer coa quinta xeración familiar xa ao cargo, e en que souberan modernizarse con iniciativas como un museo etnográfico do pan

05/03/2026 | 15:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta premia a incorporación da artesanía á moda na Gala Despunte da Escola Mestre Mateo

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entrega esta tarde o Premio Fusión Artesanía e Moda patrocinado pola Xunta no marco da XVI Gala Despunte

04/03/2026 | 19:05 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca como o Plan Renova o teu vehículo contribuíu a que Galicia lidere o incremento de matriculacións en España

Salienta que o mes pasado os concesionarios galegos venderon máis de 2.800 vehículos e, no que vai de ano, son xa máis de 5.000 unidades

02/03/2026 | 14:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar o Bono Consolida Economía Social que beneficiou na última convocatoria 16 entidades da área de Pontevedra

A Xunta contribuíu con máis de 12.000 euros á compra dun furgón para a empresa Feito Pontevedra a través do Bono Consolida

02/03/2026 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 165.000 € na mellora do centro de formación ocupacional de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro, onde supervisou as obras executadas en diferentes espazos do CFO

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva