A Xunta confirma nunha nova xuntanza do Padroado de Ifeco o seu papel referente na provincia da Coruña
A Coruña, 2 de marzo de 2026
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presidiu hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, unha nova reunión ordinaria do Padroado da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco). Alí, confirmaron o papel referente de Ifeco na dinamización socioeconómica da provincia coruñesa e no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.
Nesa liña, cabe lembrar que dito Plan recolle, entre outras, accións para impulsar o traballo conxunto dos recintos feirais de Galicia de cara á captación, coordinación e programación de eventos comerciais. Tamén contempla o apoio destes recintos na dixitalización e a consolidación en novos contidos avanzados de servizos para o comercio, con novas feiras e eventos ou instalacións innovadoras.