Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recoñece cinco centros escolares e tres cooperativas nas edicións deste ano do certame Cooperativismo no ensino e dos Premios á cooperación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións de ambas iniciativas, que no caso do ensino recaeron en centros das localidades de Moaña, Tomiño, Barreiros, A Coruña e Vigo e as cooperativas premiadas son Rexenerando, Illa Bufarda e Lemos
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co tecido empresarial galego na clausura da Asemblea Xeral da CEG
Destaca os puntos de encontro cos empresarios e os seus representantes para a mellora da economía galega
A Xunta agarda que a asignación a Galicia de novos xuíces en violencia de xénero non sexa a costa de prazas de instrución
Apunta que isto suporía un incremento nos asuntos do resto das prazas, xa ao límite, e un atraso na tramitación das dilixencias penais
A Xunta pon en valor o papel das agrupacións europeas de cooperación territorial na promoción da colaboración transfronteiriza
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do ‘Encontro AECT Ibéricas 2025’, con representantes de organismos creados nas fronteiras de España con Portugal e Francia
A Xunta destaca o papel do Consello Galego de Seguridade industrial como canle de comunicación coas empresas
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado
A Xunta abre mañá o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís da rede pública autonómica
O Executivo galego lembra que as familias poderán presentar a documentación ata o día 13 de xuño
A Xunta destaca a xenerosidade e a entrega do persoal voluntario de Protección Civil a prol da prevención e a seguridade cidadá
O director xeral de Emerxencias e Interior recolleu no nome do presidente do Goberno galego a máxima condecoración da Asociación Nacional de Protección Civil de España en Galicia e participou no encontro provincial destes colectivos na Coruña
A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira ‘Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos
O público xeral poderá acceder de balde á representación das 21 montaxes de teatro, danza e circo contemporáneo que constitúen o núcleo central da programación