Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 517 novas da área temática Emigración:

22/10/2024 | 15:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insta ao Goberno central a axilizar a homologación de títulos formativos para facilitar a integración sociolaboral dos retornados

O conselleiro puxo en valor o traballo desenvolvido a través da Estratexia Galicia Retorna e a necesidade de que o Executivo asuma as súas competencias e colabore no financiamento destas políticas autonómicas de retorno, das que Galicia é pioneira

19/10/2024 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforzará en 2025 o programa de Bolsas BEME para a mocidade galega do exterior, ampliando o orzamento e incorporando estudos de grao

José González puxo en valor esta iniciativa pioneira impulsada polo Goberno galego desde 2017 para atraer talento cualificado e fomentar o retorno da mocidade galega universitaria que reside no exterior

18/10/2024 | 13:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor que a Oficina de Retorno xa leva atendido na área de Vigo a preto de 5.000 familias

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina móbil no Porriño, reafirmando o compromiso da Xunta de Galicia con ofrecer un apoio integral e personalizado ás familias retornadas

17/10/2024 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os vínculos sociais e culturais coa colectividade do exterior

Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias

14/10/2024 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta mantén o seu compromiso coas persoas autónomas e emprendedoras retornadas que se queiran asentar en Galicia

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Pontedeume o obradoiro de chapeus e toucados artesanais de Natalia Domínguez, unha galega retornada dende Bos Aires, beneficiaria dunha achega autonómica para o autoemprego e a actividade emprendedora de emigrantes retornados

14/10/2024 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
13/10/2024 | 12:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración reitera o apoio da Xunta á colectividade galega no encontro cultural celebrado na Casa de Galicia de Nova York

Antonio Rodríguez Miranda referiuse ao centro como un referente para os galegos nesta cidade, desempeñando un papel fundamental na preservación da nosa cultura

12/10/2024 | 18:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración destaca en Newark o papel das comunidades galegas como embaixadoras culturais nos Estados Unidos

Antonio Rodríguez Miranda tamén mantivo un encontro coa directiva do Centro Ourensán de Newark, co obxectivo de analizar os proxectos de futuro e as necesidades da entidade

09/10/2024 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes de ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara

Os beneficiarios deste programa -no que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade- teñen unha media de idade de 78 anos e entre eles destaca a persoa de maior idade, de 96 anos, que chegou desde O Uruguai