Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo visita en Muxía a Oficina móbil de retorno da Xunta, un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior
Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
A Xunta publica a nova convocatoria de axudas aos concellos para eficiencia enerxética dotada con 5 M€
Anunciouno o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen visitou Monforte de Lemos para coñecer as melloras previstas ao abeiro da anterior orde desta liña de axudas
Lorenzana destaca que as exportacións galegas a Francia representan case o 20 % do total das vendas ao exterior
Destaca que no 2023 as exportacións ao país galo acadaron preto de 5.300 millóns de euros
A Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029 remata a tramitación parlamentaria antes da súa aprobación definitiva no Consello da Xunta
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu que a norma terá unha maior incidencia na área económica e está adaptada a un contexto europeo e internacional moi volátil
A Xunta e os consellos reguladores do viño galego promocionarán este produto no Parlamento Europeo
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta tarde con representantes das cinco denominacións de orixe vitivinícolas da nosa comunidade para avanzar na organización dunha acción promocional extraordinaria na Eurocámara
A Xunta e Comisión abordan as prioridades do novo executivo comunitario
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou unha nova edición dos Encontros virtuais Xunta-UE sobre as perspectivas e desafíos do novo executivo comunitario
A Xunta impulsa a expansión exterior do tecido industrial marítimo-pesqueiro galego cun investimento de 90 M€
Na actualidade, Galicia é 15ª potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros, alcanzando as empresas en 2023 un volume de facturación de 2.800M€
Medio Rural enxalza a calidade dos produtos vitivinícolas galegos na `Barcelona Wine Week 2025´
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na inauguración deste evento, onde afirmou que estas celebracións se configuran como un escaparate ideal no que presentar e promocionar as elaboracións galegas
Lorenzana destaca o peso do sector téxtil e o metalmecánico nas exportacións de Galicia a Paraguai
Subliña que a industria metalmecánica aumentou máis de catro veces o seu volume de exportacións nos dous últimos anos