Actualidade
Buscador de novas
A Xunta afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro
López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000 € das obras de restauración do santuario da Peregrina
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que afectan as fachadas
Alfonso Villares pon en valor o impacto positivo dos GALP na valorización do patrimonio natural, paisaxístico e cultural do litoral galego
O conselleiro do Mar visitou os paneis informativos instalados nos miradoiros do concello coruñés de Laxe financiados a través do Galp Costa da Morte
A Xunta inicia a restauración da cuberta e outras melloras na igrexa de Santa María de Vilabade, en Castroverde
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación ten un orzamento de preto de 205.000 euros e inclúe traballos de conservación preventiva das pinturas murais
Belén do Campo supervisa as obras de renovación da cuberta e da sancristía que se están executando na igrexa de Santa María de Azougue cun apoio da Xunta de case 450.000€
Este proxecto dá continuidade a outras intervencións, levadas a cabo entre os anos 2021 e 2023, no retablo que tamén contaron cunha achega do Goberno galego de ao redor de 75.500 euros, o que eleva o investimento da Xunta nesta igrexa a máis de 525.000 euros.
A Xunta recupera o templete de Palacios no Porriño tras investir máis de 260.000 € na súa restauración
López Campos destaca que estes traballos súmanse a outras intervencións de preservación de obras do prestixioso arquitecto, como o Templo Votivo do Mar
O delegado territorial da Xunta en Ourense informa do anuncio de licitación das obras na igrexa de San Pedro de Flariz, en Monterrei, nas que a Xunta investirá preto de 580.000 euros
Manuel Pardo informou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará preto de 580.000 euros á rehabilitación da cuberta e da carpintería, para permitir unha ventilación constante no interior
A Xunta inicia os traballos de conservación no monumento romano de Santa Eulalia de Bóveda, en Lugo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os estudos sobre os efectos das condicións hidráulicas, climáticas e ambientais obrigarán a restrinxir as visitas nos vindeiros meses
A Xunta realizou 130 actuacións patrimoniais durante o ano 2024 cun investimento de case 13 M€
O ano pasado realizáronse intervencións en máis de 100 bens entre os que se inclúen xacementos, igrexas, mosteiros ou castros