Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta financiará con 3 millóns de euros proxectos deportivos e de saneamento en Pontevedra
O responsable do Executivo autonómico sinala que o destino concreto destes investimentos será decidido polo Concello
Rueda destaca en Ares o compromiso da Xunta cun abastecemento de auga eficiente e adaptado ao futuro do concello
O proxecto conta cun orzamento global de case 4,3 millóns de euros (1,7 millóns aportados pola Xunta a través de Augas de Galicia), e comezará a desenvolverse no último trimestre de 2025
A Xunta e o Concello da Laracha avalían o proxecto para a construción dunha nova EDAR en Caión
Ángeles Vázquez reitera que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias nesta materia de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza
A Xunta e o concello de Salceda de Caselas destinan preto de 800.000 € para a ampliación da rede de saneamento da localidade no núcleo de Cerquido
Ángeles Vázquez explica que se construirán tres tramos de colectores de preto de 1,13 km co obxectivo de recoller as augas residuais de preto dun cento de veciños da contorna, así como de dúas áreas industriais do parque empresarial
A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€
Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032
A Xunta realiza labores de conservación na contorna do río Umia ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
As tarefas que está a executar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas, roza de biomasa e vexetación e mantemento das plantacións existentes
A Xunta licita por preto de 300.000 € as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo
O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara a rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna
A Xunta instala paneis informativos na contorna do río Condomiñas, en Cedeira, para mellorar a concienciación da veciñanza sobre o risco de asolagamentos
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é sensibilizar á poboación na preparación ante posibles inundacións para reducir os riscos potenciais, dando a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas
A Xunta expón en Valdecorvos a súa proposta para crear unha área de inundación controlada na zona e outras actuacións fronte aos asolagamentos
Ángeles Vázquez lembra que a iniciativa de Augas de Galicia pretende laminar os crecementos do caudal en caso de precipitacións intensas e minimizar o impacto dos desbordamentos nas instalacións asentadas nas proximidades do río
A Xunta expón nos Países Baixos a estratexia galega para facer fronte aos asolagamentos e o plan para crear zonas de inundación controlada na comunidade
Augas de Galicia é a única entidade española participante nunha iniciativa que conta coa participación de socios doutros sete países europeos coa finalidade de reforzar a capacidade de adaptación das cidades e concas fluviais a fenómenos meteorolóxicos adversos como as inundacións ou as secas