Actualidad
Buscador de noticias
Portos de Galicia e o Concello de Ponteceso acordan a proposta para a reversión ao estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
A Xunta urxe ao Miteco que autorice un punto de depósito de áridos para desbloquear a dragaxe do Lérez, tras medio ano á espera de resposta
Portos de Galicia respondeu no mes de xullo a unha nova solicitude de documentación por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica para informar favorablemente a zona de vertido do material dragado pero segue sen recibir luz verde para iniciar a tramitación ambiental e licitación da obra
Alfonso Villares visita as melloras na Nave de Redeiras de Cariño cun investimento de case 40 mil euros ao abeiro do Plan de equipamentos portuarios de Galicia
O titular de Mar destacou a mellora das condicións de traballo e de seguridade das persoas traballadoras no sector pesqueiro como unha liña prioritario nos investimentos nas infraestruturas portuaria
Alfonso Villares asina un convenio de colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores por valor de 125 mil euros
O titular de Mar pon en valor o papel da entidade como máxima representante do sector en Galicia e traslada o compromiso do Goberno galego en seguir avanzando na cogobernanza no deseño e execución das políticas pesqueiras na comunidade
Portos de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
Alfonso Villares destaca a contribución das empresas tranformadoras á imaxe calidade e sostibilidade dos produtos pesqueiros galegos
O responsable autonómico visitou as instalacións de Conservas Sotevento na que se traballa con produtos como o polbo, o mexillón, navallas ou algas que son comercializados por toda España
A Xunta respalda ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal e avalía as posibles vías de colaboración tras o incendio rexistrado nas súas instalacións
O conselleiro do Mar trasladou á entidade deportiva a proposta de colaboración con Portos de Galicia para a posta a disposición dunha nova nave a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato
Villares pon en valor os investimentos na lonxa de Muros ao abeiro das axudas para equipamentos portuarios da Xunta que superaron os 360 mil euros
As actuacións consistiron na adquisición dunha máquina de xeo compacta, unha carretilla elevadora, novos equipos de pesaxe, mesas e palets para a clasificación e exposición do produto así como unha fregadora aspiradora
Mar pon en marcha 153 Plans de Xestión de Recursos Específicos e Algas para o trienio 2025-2027
Por provincias, 78 corresponden á de A Coruña, 15 á de Lugo e 57 á de Pontevedra, aos que hai que engadir outros tres para o ámbito supraprovincial
A Xunta facilita o desenvolvemento da actividade da Confraría de Pescadores de O Vicedo e mellora as condicións laborais dos traballadores
A colaboración económica do Goberno galego permitiu á entidade adquirir un novo equipo de movemento de cargas, que incrementa a seguridade dos profesionais e a rendibilidade do seu traballo