Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 606 novas da área temática Familias:

16/07/2025 | 15:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 2.400 persoas gozarán este verán dunhas vacacións en familia nas residencias públicas do Carballiño e de Panxón

A iniciativa ofrece ás familias a posibilidade de pasar unha estadía de seis noites a prezos asequibles e con prioridade para as numerosas, as de acollida ou as monoparentais

15/07/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor o traballo de Alcer a prol da mellora da calidade de vida para as persoas con enfermidade renal crónica

Lembra que ata o 30 de xullo está aberto o prazo de solicitude das axudas para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade

10/07/2025 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a gratuidade da educación infantil permite a Galicia estar por riba da media nacional na escolarización de 0 a 3 anos

Aposta pola posta en marcha de servizos para impulsar a conciliación e a fixación de poboación

09/07/2025 | 14:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 226.000 € a apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade en once municipios de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá aos nenos e nenas que participan no programa Cerdido Corresponsable 2025 que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto na área recreativa O Castro.

06/07/2025 | 11:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con 116.000 euros actividades de 36 ANPAS e dúas federacións de pais e nais lucenses para fomentar a igualdade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as Anpas beneficiarias destas axudas convocadas pola Consellería de Política Social e Igualdade pertencen a 29 municipios lucenses

04/07/2025 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova un ano máis a súa colaboración coa Fundación Andrea para o apoio ás familias con nenos hospitalizados con enfermidades graves

Fabiola García pon en valor o traballo desta entidade a través de iniciativas como ‘Soporte Vital’, que ofrece atención de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, así como aloxamento temporal ás familias na contorna do hospital

02/07/2025 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta que máis de 230 concellos galegos impulsan iniciativas de conciliación e corresponsabilidade familiar grazas ao apoio da Xunta

Executivo galego financia con 6,5 M€ do Plan Corresponsables diferentes campamentos de verán e actividades para nenas e nenos nos períodos non lectivos

01/07/2025 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

Desde hoxe as familias galegas poderán gardar as facturas de libros e material escolar para beneficiarse da nova desgravación fiscal da Xunta

Vai dirixida ás familias con rendas per cápita superiores a 10.000€ e ata 30.000€, que ata o de agora quedaban fóra das axudas que operan para rendas inferiores a 10.000€

30/06/2025 | 21:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca na inauguración da nova sede de Afapo o compromiso da Xunta co coidado das persoas con alzhéimer e as súas familias

A colaboración da Xunta coa entidade ascende a preto de 600.000 euros, incluíndo a financiación de case a metade do custo do novo centro