Actualidade
Buscador de novas
A Xunta conmemora o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido acompañando as familias e usuarios nunha xornada de lecer
A directora xeral de Persoas con Discapacidade enxalzou o papel das entidades sociais que traballan cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral
A Xunta levará o programa ‘Que non te líen, ti elixes’ a máis de 90 de centros secundaria para fomentar a elección profesional libre de prexuízos de xénero
O Goberno galego vén de publicar a lista de beneficiarios da 4ª edición desta iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Política Social e Igualdade contará en 2026 cun orzamento histórico de 1.391 M€, que permitirá superar as 100.000 persoas dependentes atendidas
A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, cunha suba do 5%, o que permitirá reforzar as políticas de atención á dependencia, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero
Ana Ortiz defende a necesidade de “avanzar na igualdade real de oportunidades” para o talento feminino
A delegada territorial da Xunta e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiron ao evento Raíces & traxectorias apoiado polo Goberno galego
A Xunta denuncia que as axudas do Goberno central para persoas con ELA só chegaran ao 5% dos doentes e que os obrigará a someterse a unha nova valoración
O Goberno galego considera que o acceso ao novo grao III+ “será extremadamente complexo”, xa que moitos dos enfermos falecen antes de cumprir os novos requisitos que se esixirán aos que estean en fases máis avanzadas
A Xunta destaca que os espazos de reflexión profesionais son esenciais para seguir afondando na prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero puxo en valor as medidas pioneiras impulsadas polo Goberno galego neste eido
A Xunta financia a mellora do centro de día de Outes, que forma parte da rede pública autonómica
Invístense preto de 20.000 euros nesta actuación, centrada na impermeabilización das fachadas e terrazas do equipamento