Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede 4 millóns de euros para impulsar preto de medio cento de proxectos de innovación empresarial a través do programa Igape Innova
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución coas iniciativas seleccionadas, que permitirán mellorar procesos e organizacións e impulsar o deseño de novos produtos e servizos en pemes e grandes empresas galegas
A Xunta remite para tramitación ambiental o plan de ordenamento do polígono de Carballiño-Maside, que creará case 890.000 m2 de solo industrial na comarca
O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) multiplica por 2,6 a capacidade do actual polígono
A Xunta amplía en máis de 5,3 millóns o orzamento das axudas IA360 para proxectos baseados en intelixencia artificial
Este programa apoia o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación empresarial mediante intelixencia artificial, contando con tres liñas complementarias para desenvolvemento tecnolóxico (A), implantación de solucións de IA e datos (B) e formación nas empresas (C)
A Xunta reforza o apoio á valorización, ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita en Ramirás (Ourense) as instalacións do serradoiro Mosquera Villavidal
Lorenzana anuncia a ampliación en 5 M€ das axudas para proxectos baseados en intelixencia artificial para “chegar ao maior número de empresas posible”
A conselleira destaca que estes apoios que xa contaban cun orzamento de 10 millóns de euros foron “un éxito para as empresas” e que a ampliación se publicará no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días
Ángeles Vázquez salienta o gran potencial de Galicia para atraer empresas e proxectos innovadores que sexan referentes en materia de economía circular
Subliña que a empresa tramita unha ampliación das actuais instalacións en Palas que permitirá quintuplicar a produción de larvas de mosca soldado negra para consolidar a súa posición neste sector e pechar todo o proceso industrial na propia Comunidade
A Xunta promove modelos empresariais máis sostibles cunha nova convocatoria de axudas dirixida ás empresas galegas
O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria dun programa que destina un millón de euros a reforzar a aposta por unha economía circular, inclusiva e eficiente
Lorenzana anuncia que a Xunta prevé convocar a finais de ano a selección das empresas e centros tecnolóxicos que serán socios estratéxicos no sector da seguridade, a defensa e o aerospazo
Sinala que o obxectivo é mobilizar todo o potencial industrial e tecnolóxico de Galicia no campo da defensa e as tecnoloxías de aplicación dual, e xerar unha demanda de produtos, sistemas e servizos, seguindo as prioridades marcadas por Europa