Actualidade
Buscador de novas
Villaverde inaugura o proxecto educativo 'Movemento Azul' que conecta a mocidade galega co mar
A iniciativa, impulsada pola Xunta, arrancou en Ames coa actividade Un Mar de Profesións, que neste mes chegará tamén a outros seis centros educativos de Galicia
A Xunta enxalza o valor da gastronomía galega nunha nova edición do evento solidario Estrelas no Camiño de Santiago
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, cualificou Galicia como “unha auténtica potencia gastronómica”, poñendo como exemplo as 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas recoñecidas na nosa comunidade
Mar publica este luns a convocatoria das axudas de pesca artesanal, dotadas con 5,1 M€
Subvencionaranse medidas técnicas de xestión e vixilancia, accións de colaboración co sector e información para mellorar o coñecemento e sustentabilidade das pesqueiras
Villaverde destaca na feira ‘Salimat` en Silleda a calidade, sustentabilidade e diversidade dos produtos do mar de Galicia
A participación da Consellería, a través do stand GALICIA SABE AMAR, enmárcase na estratexia de promoción do sector, dotada con 11 M€ para o bienio 2026-2027
Mar avalía o Plan de xestión da sardiña con arte de xeito nunha reunión de seguimento co sector
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, dirixiu o encontro sobre o desenvolvemento do Plan de xestión da sardiña coa arte de xeito co fin de garantir unha explotación sustentable do recurso
A Xunta sela en Vilanova un convenio de preto de medio millón de euros que activa a restauración de seis grandes bancos marisqueiros
O plan de rexeneración recolle os 483.597 euros de investimento solicitado polo pósito —cofinanciados polo fondo extraordinario Fempa— para corrixir a perda de substrato e sementar ameixa