Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 606 novas da área temática Familias:

27/06/2025 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia reforza por terceiro curso consecutivo o seu liderado na escolarización de 0 a 3 anos, que se achega ao 65 % e supera en 15 puntos a media estatal

Os últimos datos que publica hoxe o Goberno central confirman que desde a implantación da gratuidade esta porcentaxe subiu case 20 puntos

25/06/2025 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta confía en acadar un novo acordo coa Fegamp para incrementar o financiamento do servizo de axuda no fogar que ofrecen os concellos

Fabiola García agradece a boa disposición da federación de municipios e provincias durante a negociación aberta e esixe ao Goberno central que cumpra a Lei de Dependencia e asuma o 50% do custo dos servizos

23/06/2025 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta respaldará con preto de 442.000 € os Centros de Información á Muller, servizos de conciliación e accións de igualdade en catorce concellos de Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, deron conta da resolución do programa autonómico que permitirá aos concellos manter os CIM, poñer en marcha actuacións contra a violencia de xénero ou facilitar a corresponsabilidade 

21/06/2025 | 10:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica o listado de casas niño que xa reciben as axudas para garantir a súa continuidade ata 2028

O orzamento desta orde de subvencións plurianual é de 10,5 millóns de euros

20/06/2025 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta vai iniciar de forma inminente a actualización do protocolo de atención temperá, para o que contará co tecido social e coas familias

O Goberno galego seguirá incrementando o número de unidades de atención temperá, que xa chegan a 200 concellos

19/06/2025 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta márcase como obxectivo que Galicia manteña por terceiro ano consecutivo o liderado de escolarización na etapa 0-3 de educación infantil

O programa de gratuidade impulsado polo Goberno galego sitúa a taxa de escolaridade neste ciclo no 60,6%, case 13 puntos por riba da media española e superando xa os obxectivos marcados por Europa para 2030

19/06/2025 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García esixe ao Goberno que asuma o 50% do financiamento da atención á dependencia e que dea o mesmo trato a Galicia que ao País Vasco

Lembra que “lonxe de aumentar, a achega estatal baixa en Galicia”, pasando de asumir o 40% do financiamento en 2023 a reducilo ao 34,9% en 2024

18/06/2025 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor que o primeiro rexistro de monoparentais de Galicia permitirá reforzar a protección destas familias

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica subliña que Galicia supera por primeira vez a barreira das 30.000 familias numerosas