Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.473 novas da área temática Emprego:

20/11/2025 | 19:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o labor dinamizador dos polos de emprendemento da provincia de Pontevedra que xa facilitaron crear arredor de 100 empresas

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe en Pontevedra nas Charlas de emprendemento organizadas por APE Galicia 

19/11/2025 | 20:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o cooperativismo como motor de desenvolvemento territorial e como oportunidade para o emprego e o emprendemento feminino

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada ‘Cooperativismo: unha nova forma de liderar o crecemento empresarial’, organizada por Empresarias Galicia

19/11/2025 | 16:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Medio Rural

A Xunta subliña o papel do liderado feminino no fortalecemento do ecosistema emprendedor e na xeración de oportunidades no rural galego

José González recoñeceu a figura de Carmen Lence, galardoada este ano, e recoñeceu o seu compromiso cun sector estratéxico para Galicia, como é o lácteo, así como a súa aposta pola innovación e a competitividade

19/11/2025 | 12:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará en Ultreia Galicia un pacto polo emprendemento ligado ao territorio e definirá a folla de ruta da nova estratexia autonómica neste eido

José González avanzou que no marco do foro se asinará un compromiso de coordinación entre todas as entidades público-privadas que están asesorando o emprendemento en Galicia, co obxectivo de reforzar a actividade que fixa poboación

16/11/2025 | 12:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva aos 8,9 M€ as axudas a novos proxectos emprendedores coas que promove a remuda xeracional e a continuidade de negocios asentados no territorio

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a ampliación de crédito da convocatoria de 2025 destas achegas, que tiñan inicialmente 6,7 M€ de orzamento, polo que se produce un aumento de case un 33 % co gallo de acadar as 800 entidades beneficiarias

15/11/2025 | 12:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta levará ao diálogo social a Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse recentemente co grupo de traballo de Seguridade e Emerxencias, un dos creados para a redacción desta folla de ruta pioneira, tarefa que encara a súa recta final

14/11/2025 | 15:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta a contratación de persoas desempregadas con 450.000 euros en axudas na área territorial de Pontevedra

O delegado territorial visitou unha das dúas entidades que se beneficiaron destas axudas que deixaron un total de 37.500 euros no concello de Bueu