Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 481 novas da área temática Discapacidade:

08/08/2024 | 09:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica as axudas para apoiar ás familias que reduzan a xornada laboral por coidado de menores e favorezan a corresponsabilidade

A convocatoria deste ano, dotada de 620.000 euros, ofrece axudas que poden oscilar entre os 1.700 e os 3.700 euros por un período máximo de oito meses

31/07/2024 | 13:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recoñece o talento do equipo de Down Ourense que gañou a liga nacional de debate

Un dos participantes fíxose, ademais, co premio individual como mellor orador

29/07/2024 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta colabora coa andaina solidaria a favor de Aspnais que organizan Amigos do Camiño e a Garda Civil

Está aberto o prazo de inscrición para a ruta, que se celebrará o 29 de setembro e discorrerá ao longo de 10 quilómetros entre Lugo e Bascuas

13/07/2024 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia

Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, no Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)

10/07/2024 | 12:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis

A delegada lembrou que esta entidade conta, este ano, con apoios da Consellería de Política Social e Igualdade para financiar as prazas de atención diúrna e para contratar mulleres que sofren violencia de xénero e cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de traballadores desempregados