Actualidade
Buscador de novas
Alfonso Villares aborda co responsable do porto bretón de Lorient novas vías de colaboración no ámbito pesqueiro e marítimo
O titular de Mar sitúa este encontro como un paso máis do Goberno galego na súa alianza coa Bretaña francesa no impulso de accións comúns vinculadas ao fortalecemento do sector da pesca e da Economía Azul
A Xunta subliña que ten unha partida de 3 M€ para a dragaxe do Lérez á espera de que o Goberno central desbloquee o proxecto
Portos de Galicia respondeu no mes de xullo a unha nova solicitude de documentación do Ministerio de Transición Ecolóxica para a autorización do punto de depósito dos áridos, que condiciona a tramitación de todas as obras de recuperación de calado no litoral sur
A Xunta realizou traballos de rexeneración dos bancos marisqueiros sobre unha superficie de case 2,2 millóns de m2 desde o 2010
Marta Villaverde tamén puxo en valor o apoio para a adquisición de ao redor de 277 millóns de unidades de bivalvos autóctonos e máis de 60 millóns de ameixa xaponesa entre por parte das entidades beneficiarias
Villares reclama ao Goberno central maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros para reforzar as campañas da Xunta e do sector
O responsable autonómico puxo en valor o traballo do Goberno galego na mellora da comercialización do peixe, marisco e conservas e situou estes produtos como esencias para acadar a necesaria soberanía alimentaria de Europa
Lorenzana subliña o compromiso da Xunta para que todos os galegos se beneficien dos recursos naturais de Galicia tendo acceso a enerxía máis barata
“Temos que conseguir trasladar aos galegos e galegas que o feito de ter un recurso natural próximo, o feito de ter un parque eólico próximo, non é un problema, é un beneficio para a veciñanza porque a electricidade vai ser máis barata”, remarca Lorenzana
A Xunta tramita unha nova dragaxe no porto de Foz e proxecta a remodelación das instalacións, cun investimento previsto de 3,5 M€
José Antonio Álvarez lembrou que a obra de recuperación de calado está pendente de informe do Ministerio de Transición Ecolóxica e que contempla varias actuacións nos vindeiros anos, que se sumarán aos 1,1 millóns investidos en anteriores dragaxes
A Xunta de Galicia adxudica as obras de melloras dos departamentos de armadores do porto de San Cibrao, en Cervo, cun investimento de 365.000 euros
O conselleiro do Mar visitou a dársena na que está previsto que poidan iniciarse os traballos de acondicionamento dos 10 locais para profesionais ao longo do vindeiro mes de outubro