Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.372 novas da área temática Cultura:

21/05/2026 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove o talento emerxente no ‘Encordass Fiddle Fest’ que este ano se centra na música escocesa

O certame contará con 16 concertos de artistas e formacións de Galicia e Escocia e celebrarase na Illa de San Simón, entre os días 2 e 5 de xullo

21/05/2026 | 11:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incrementa o apoio aos Premios da Música Martín Códax pola súa valía para facer visible a calidade de todo o sector

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia, asinan o convenio de colaboración polo que o Goberno galego achega 28.000 euros, 2000 máis que en 2025

20/05/2026 | 21:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/05/2026 | 18:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca a contribución dos oficios tradicionais “ao enriquecemento e singularidade” do patrimonio cultural galego

O director xeral de Cultura inaugura no Museo Etnolóxico unha mostra con fotos e vídeos sobre estes traballos do alumnado do Instituto Manuel Chamoso do Carballliño

20/05/2026 | 14:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta nomeará directora do Centro Galego de Arte Contemporánea a Eva López Tarrío

Doutora en Belas Artes e catedrática de Ensino Secundario, conta cunha sólida traxectoria en proxectos culturais e educativos, á vez que en xestión institucional

20/05/2026 | 13:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego estrea en paralelo as coproducións 'Somos os monstros' no Salón Teatro e 'A Fortaleza' no festival Expressão Ibérica do Porto

A primeira peza, con texto de Paula Carballeira e dirección de Magda Labarga, poderá verse do venres 22 ao domingo 24 en Santiago de Compostela

19/05/2026 | 15:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A sétima edición da Galicia Desing Week expande desde A Coruña o mellor deseño do noroeste peninsular coa colaboración da Xunta

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Instituto Galego de Promoción Económica contribúen ao encontro que se desenvolve ata o 23 de maio con conferencias, obradoiros, música, gastronomía e mostras de servizos e produtos

19/05/2026 | 13:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos aborda co alcalde de San Cristovo de Cea colaboracións en infraestruturas culturais e patrimoniais de cara á celebración do Xacobeo 2027

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita este concello como mostra do compromiso e cooperación da Xunta coas administracións locais de todo o territorio

19/05/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a Viveiro a exposición de rúa ‘Botamos un baile?’ para pór en valor a historia das orquestras en Galicia

O proxecto nace a raíz dunha mostra que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023, agora adaptada a un formato de rúa que está a viaxar por vilas da Comunidade

19/05/2026 | 13:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a promoción no Festival de Cannes da película 'Océano Titánico', coproducida por Frida Films

A longametraxe proxéctase mañá na Sala Debussy do Palais, no marco da sección ‘Un Certain Regard’ do prestixioso certame francés, e será a protagonista dun evento específico con axentes do sector