Actualidade
Buscador de novas
Os triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat comparten as súas experiencias con estudantes lucenses na Delegación da Xunta
Alumnado de cinco centros educativos acudiu á charla, enmarcada no ciclo ‘Luz ao Deporte’, organizado pola Fundación Breogán coa colaboración do Goberno galego
A Xunta impulsa a plataforma solidaria ‘Terra Move’ como ferramenta de mecenado deportivo en colaboración coa Fundación Amare Terra
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na presentación desta ferramenta dixital, que conta cunha achega do Goberno galego de 250.000 euros, e a través da que se facilita de xeito gratuíto a captación de fondos
Lete enxalza a Carreira pedestre popular de Santiago que “celebra o ámbito universal do deporte que nos une a todos e a todas”
Fai fincapé nos éxitos do atletismo galego, destacando o récord de atletas galegos que competiron nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París, chegando a unha decena e, máis recentemente os éxitos dos Mundiais de Atletismo e Para Atletismo en Xapón e na India
A Xunta colabora na mellora das instalacións deportivas de Outes cunha achega de máis de 65.000€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Francisco Calo asinaron o acordo para realizar actuacións que suporán un custo superior aos 72.500 euros
A Xunta anuncia que o avance das obras nos campos de fútbol do Complexo Deportivo de Elviña I permitirán a súa reapertura a partir da vindeira semana
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o avance das obras nesta parte das instalacións, que agora se centran nas gradas e na zona dos vestiarios tras rematar no céspede, a iluminación e a cuberta da tribuna
A Xunta apoia a primeira edición do Torneo de pádel San Froilán, que se celebrará do 10 ao 19 de outubro
A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do certame, que conta xa cun cento de parellas inscritas
Lete Lasa felicita á Selección Galega de squash tras acadar ouro masculino e bronce feminino no Campionato de España do Milladoiro
Destaca a capitalidade de Galicia no contexto do squash nacional como demostra que é a comunidade líder no número de licenzas, sendo un total de medio milleiro das que o 40% son femininas, e que representan o 21% de todas as que hai en España