Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 824 novas da área temática Xuventude:

01/11/2024 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará en 2025 máis de 3 M€ ao programa Mentor para impulsar a formación e emancipación de mozos tutelados

Fabiola García puxo en valor a importancia deste programa de inserción sociolaboral que ofrece axuda, asesoramento e seguimento profesional

01/11/2024 | 10:54 | C. de Facenda e Administración Pública

A IV Edición de CIBER.gal esgota en menos de 15 días as 750 prazas presenciais para a xornada destinada á cidadanía

Os interesados en asistir a este bloque teñen dispoñibles prazas para o seguimento en streaming

30/10/2024 | 11:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca un incremento de máis do 30% na partida destinada a accións de dinamización da lingua galega

Asegura que con este primeiro aumento iníciase unha senda de crecemento que se manterá ao longo de toda a lexislatura para levar a cabo medidas transversais ao abeiro do Pacto da lingua

29/10/2024 | 18:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural sobe un 3,5% o seu orzamento no 2025 para seguir impulsando a remuda xeracional e o apoio aos produtores, ás infraestruturas e á calidade alimentaria

A titular de Medio Rural explicou que os presupostos superan os 700 M€ para seguir traballando en frear o despoboamento, impulsar as oportunidades laborais no agro, mediante o reforzo da formación, e mellorar a competitividade do sector

28/10/2024 | 15:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anuncia que a Xunta financiará un obradoiro para persoas mozas, con case 410.000 M€, para formar 15 persoas sen emprego de Boiro, A Pobra e Rianxo

Belén do Campo sinalou que estas iniciativas, financiadas polo Goberno galego, tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade

28/10/2024 | 14:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Xuventude Crea outorga os premios de teatro a Luscofusco de Rianxo e Coidadobastón! de Redondela

O certame organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de celebrar na fin de semana as finais desta categoría nos apartados Amador e Pro

25/10/2024 | 17:30 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Igualdade contará en 2025 cun orzamento histórico de 1.323 millóns de euros, un 10% máis que este ano

A área de maiores contará con 600 millóns de euros para impulsar un plan de choque que permitirá reducir os tempos e simplificar as revisións de dependencia

24/10/2024 | 15:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue solicita ao Ministerio de Vivenda axilidade no libramento dos fondos para a convocatoria do Bono Mocidade e maior dotación orzamentaria

A conselleira sinalou que o Goberno está a realizar anuncios, cando os fondos aínda non están á disposición das comunidades, que deberán xestionar a convocatoria, resolución e pagamento destas axudas para o alugueiro por parte dos mozos

24/10/2024 | 15:11 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anuncia o traslado da unidade de Atención Temperá de Toques ao concello de Melide a partir da semana que vén

A delegada informou que a Xunta reforzará o sistema de atención temperá que atende a máis de 200 concellos galegos