Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia un ano máis a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento
Galicia e o Norte de Portugal impulsan a súa colaboración para facilitar a mobilidade laboral entre ambas zonas
Fanno a través do convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para a coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo
López Campos anima o alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de Galicia e dos seus devanceiros na Arxentina
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude recibe na Cidade da Cultura unha vintena de estudantes do centro que están a realizar unha viaxe de estudos á nosa Comunidade
A Xunta reafirma o seu compromiso cos traballadores autónomos e as persoas estranxeiras que queren emprender en Galicia
José González destacou a contribución dos traballadores por conta propia a un mercado laboral que en agosto sumou case 15.000 novas afiliacións na comparativa interanual e obtivo a mellor cifra de paro nun mes de agosto dos últimos 28 anos
A Xunta publica a concesión das 250 Bolsas BEME para galegos do exterior que realizarán este curso un mestrado nunha das tres universidades públicas
Segundo o publicado hoxe no DOG, a Arxentina, Venezuela, O Uruguai, O Brasil e O Reino Unido son os países cun maior número de persoas beneficiarias, das que 113 cursarán os seus estudos na Universidade de Santiago, 84 na de Vigo e 53 na da Coruña
A Xunta comeza o proxecto para crear un centro de recepción de peregrinos náuticos da Ruta Traslatio en Vilagarcía de Arousa
Vense de abrir o proceso de licitación para a demolIción, rehabilitación integral e urbanización por máis de 800.000 euros
A Xunta facilita a unha trintena de profesionais a asistencia de actividades do sector do libro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver a súa liña de axudas para que persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras poidan participar en citas nacionais e internacionais
A danza contemporánea galega desembarca na Tanzmesse de Düsseldorf co apoio da Xunta
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coordina a primeira delegación galega no maior encontro internacional do sector, en aplicación do Plan Integral para a Danza de Galicia no relativo ao impulso da proxección exterior das nosas compañías
Preto dun cento de mozos e mozas optan ás 50 prazas do programa de bolseiros de internacionalización da Xunta para facilitar ás pemes galegas a saída a novos mercados
O Goberno galego destina 3M€ a unha convocatoria dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que agora poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade