Actualidade
Buscador de novas
A Xunta acorda co sector o regreso do libre marisqueo en Sada do 1 de decembro ao 5 de xaneiro
No encontro estableceuse o peche de Ares e fixouse un tope de 8 quilos de ameixa babosa por tripulante así como controis exhaustivos de talla, topes como de especie tanto no punto de control como por parte de Gardacostas de Galicia
Juan Carlos Codesido releva a Lino Sexto ao fronte de Gardacostas de Galicia
O motivo deste cambio nesta subdirección xeral é a recente xubilación do, ata agora, responsable deste departamento, dependente da Consellería do Mar, desde o ano 2009 e que é sucedido polo actual xefe de servizo de Protección de Recursos
A Xunta comunica á UPTA que os temas achegados xa están sendo abordados nos encontros de traballo coas federacións galega e provinciais de confrarías
A Consellería do Mar sinala que, a iniciativa das federacións de confrarías, son temas que forman parte da liña de traballo que a Administración realiza man a man co sector
Os 746 establecementos adheridos ao Bono Peixe levan facturados 8,3M€
A responsable autonómica puxo en valor o desenvolvemento desta acción que está a aumentar o consumo a nivel xeral, espertando o interese na xente moza, ademais de supor unha clara aposta polo comercio de proximidade
A Xunta e o CETGA estudan novas liñas de colaboración e destacan os avances na investigación do cultivo en catividade do salmonete de rocha
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitou as instalacións do Centro Tecnolóxico do Clúster de Acuicultura (CETGA) onde destacou a importancia de contar con excelentes investigadores para levar a cabo estes proxectos con éxito
Marta Villaverde sitúa o sector marisqueiro como axente clave na economía social de Galicia
Unha dimensión que a responsable autonómica considera prioritaria para afrontar os desafíos do futuro e que, por tanto, debe ser recollida na nova PPC e na implantación do Pacto Verde dos Océanos