Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 579 novas da área temática Patrimonio:

27/05/2026 | 12:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor o pulo socioeconómico que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial supón para a zona

Salienta que grazas á implicación das Administracións, entidades e veciñanza tense acadado “un territorio máis vivo ca nunca co agromo de importantes proxectos”

22/05/2026 | 13:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo anuncia a adxudicación por máis de 256.000€ das obras de restauración da fachada e do campanario da igrexa da Nosa Señora de Laxe de Vilasantar

Os traballos foron adxudicados á empresa Citanias Obras y Servicios, S.L.U e contarán cun prazo máximo de execución de seis meses

20/05/2026 | 18:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca a contribución dos oficios tradicionais “ao enriquecemento e singularidade” do patrimonio cultural galego

O director xeral de Cultura inaugura no Museo Etnolóxico unha mostra con fotos e vídeos sobre estes traballos do alumnado do Instituto Manuel Chamoso do Carballliño

20/05/2026 | 15:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o desenvolvemento de novas ferramentas que permitan mellorar a conservación do patrimonio cultural

A Cidade da Cultura acolle hoxe a sesión para dar a coñecer o proxecto ‘Creación de xemelgos dixitais para o estudo e predición do aire no interior dos monumentos’

20/05/2026 | 12:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Vigo promoven unha nova campaña arqueolóxica en Ons para ampliar o coñecemento sobre a ocupación do Castelo dos Mouros

Cunha duración prevista de catro semanas, a escavación está impulsada e financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático baixo a dirección do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo

19/05/2026 | 17:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta regula a creación e xestión de documentos electrónicos na Administración cunha norma técnica

O texto recolle os principios estratéxicos, os procesos e as responsabilidades neste eido mediante doce epígrafes

19/05/2026 | 13:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos aborda co alcalde de San Cristovo de Cea colaboracións en infraestruturas culturais e patrimoniais de cara á celebración do Xacobeo 2027

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita este concello como mostra do compromiso e cooperación da Xunta coas administracións locais de todo o territorio

18/05/2026 | 12:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora coa I Floralia de Proendos, que se celebrará o 30 de maio para poñer en valor o xacemento arqueolóxico de Sober

A xornada inclúe exposicións, obradoiros e visitas guiadas para achegar ao público a relevancia patrimonial e arqueolóxica deste enclave da Ribeira Sacra

15/05/2026 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na homenaxe ao investigador e defensor do patrimonio Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta

Manuel Pardo lembrou o traballo do Grupo Marcelo Macías, ao que pertencía o homenaxeado, como “unha das máis nobres expresións do compromiso intelectual e afectivo coa memoria de Galicia”