Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 752 novas da área temática Transporte:

21/07/2026 | 13:04 | C. do Medio Rural

A Xunta insta a ADIF a realizar todas as actuacións preventivas de xestión da biomasa nas redes primarias da súa competencia para previr os incendios forestais

A conselleira do Medio Rural fixo hoxe esta demanda que, segundo explicou, foi xa trasladada a esta empresa pública no día de onte por medio de carta

18/07/2026 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Villares insta á Deputación de Lugo a aclarar o seu grao de implicación no futuro do Muferga

O delegado territorial da Xunta lembra que a institución provincial non asiste ás reunións do Padroado desde 2024 nin formalizou aínda a achega correspondente ao ano pasado

17/07/2026 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta o novo revés para Galicia do Goberno central ao descartar a migración da rede ferroviaria a ancho internacional e novamente “sen informar nin diálogo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo advirte de que esta decisión consolida o monopolio de Renfe, dificultando a competencia e que a cidadanía poida desfrutar das vantaxes da liberalización ferroviaria como máis servizos e prezos máis baratos, ao igual que ocorre noutros territorios

17/07/2026 | 09:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará os servizos directos de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante os meses de verán

A partir do luns, 20 de xullo, a liña directa pola AP-9 chega a Portonovo e incorpora novas paradas en Pontevedra

16/07/2026 | 12:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman case 80 subvencións concedidas entre decembro e xuño por preto de 1,7M€

08/07/2026 | 16:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esixe explicacións a Renfe tras a interrupción da circulación ferroviaria no Irixo e reclama ao Goberno central que garanta os servizos e conexións que precisa a cidadanía galega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, considera “inaudita” a acumulación de incidencias “practicamente todas as semanas” na liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid que afecta a mobilidade na comunidade e sen que o Executivo estatal ofreza información e solucións a esta situación

07/07/2026 | 20:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a importancia do transporte de calidade para manter un rural vivo e dinámico

Valorou que as empresas galegas do sector xa se están adaptando aos novos retos, como a mobilidade sostible

02/07/2026 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esixe explicacións a Renfe tras a interrupción da circulación ferroviaria entre A Gudiña e Pobra de Sanabria

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo,  lamenta que esta nova incidencia na alta velocidade Galicia-Madrid súmase aos retrasos e avarías acumulados nos últimos meses sen que o Executivo central asuma responsabilidades nin dea explicacións

01/07/2026 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O concello de Sanxenxo estrea hoxe as tres liñas circulares no marco do convenio coa Xunta para manter este verán o reforzo do servizo de autobús municipal

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, realiza un dos percorridos dunha das tres liñas municipais postas en marcha para impulsar a mobilidade no municipio e que contan con 32 servizos ao día de luns a domingo nos meses de xullo e agosto