Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 684 novas da área temática Familias:

02/09/2026 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

Friol estrea este curso unha escola infantil con 51 prazas, na que a Xunta investiu máis de 220.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou as instalacións, froito das obras executadas para transformar o Punto de Atención á Infancia nun centro máis amplo e moderno

02/09/2026 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que as familias galegas poderán solicitar desde o 9 de setembro o Bono Concilia Familia da Xunta, con axudas de ata 500 euros

O Executivo galego destina 2,6 millóns de euros a este programa para axudar a costear os gastos derivados da atencións aos pequenos en períodos non lectivos

31/08/2026 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo e a alcaldesa de Ribeira supervisan os traballos do obradoiro de emprego de carpintaría na escola infantil municipal e de mellora de montes na parcela de San Roque

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo, organizado en colaboración co Concello de Porto do Son, conta cun investimento de case 547.000 euros, para formar a 20 desempregados no eido de mantemento forestal e carpintaría e moble e que se está desenvolvendo desde o pasado 1 de xullo ata o 28 de febreiro de 2027

29/08/2026 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide aos nenos saharauís do Programa Vacacións en Paz que pasaron o verán en Galicia con familias de acollida

Galicia é a terceira comunidade con máis menores acollidos este ano no marco deste programa, arredor de 280

27/08/2026 | 15:00 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforma a escola infantil pública autonómica de Muxía para garantir un maior confort dos bebés

O Goberno galego financia con máis de 18.000 euros as obras, consistentes na ampliación e adecuación da zona de descanso

27/08/2026 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberta a convocatoria de axudas para a posta en marcha de novas casas niño no rural

O delegado destacou que a través desta nova convocatoria, na que a Consellería de Política Social e Igualdade inviste máis de 300.000 euros para a creación de cinco casas niño, prestaranse servizos de atención da primeira infancia a máis de 530 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos en Galicia

27/08/2026 | 12:16 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia reclama máis fondos para Ceuta e esixe ao Goberno central unha política migratoria consensuada

A Xunta vota a favor da asignación de 25 millóns de euros á cidade autónoma e traslada a súa solidariedade co pobo ceutí

26/08/2026 | 12:41 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellora a climatización da escola infantil pública autonómica de Oia

O Goberno galego financia a instalación de dous equipos que proporcionen un maior confort térmico aos menores e ao persoal do centro

25/08/2026 | 15:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellora a climatización da escola infantil pública autonómica de Forcarei

A actuación tamén inclúe o pintado integral do centro, o tratamento de pavimentos e a renovación de carpinterías e mobiliario

25/08/2026 | 13:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a colaboración cos concellos para facilitar a conciliación a través de actividades como os campamentos de verán de San Xoán de Río

O Goberno galego financia con 7,4 millóns de euros programas que favorecen o benestar das familias e a igualdade