Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García esixe ao Goberno central que dote a Galicia de fondos para desenvolver a estratexia estatal LGBTI
Cabe recordar que o Goberno central vén de recortar 2,3M€ en materia de igualdade no Plan Corresponsables, un programa no que impón ás comunidades a corresponsabilidade financeira
A Xunta continúa co programa de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero dirixido aos concellos
A iniciativa leva en marcha desde o ano 2012 e pretende chegar a máis de 230 concellos galegos
A Xunta colabora coa organización do festival musical a Ponte Farruca, un encontro referente coa igualdade e a diversidade no rural
A nova edición deste encontro celebrarase en Laza os días 15, 16 e 17 de agosto e contará coa presenza de numerosos artistas do panorama musical galego e portugués
A Xunta destaca o pulo de Galicia a prol da economía social como motor da xustiza social e garante do emprego inclusivo
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe na Illa de San Simón na derradeira xornada do oitavo congreso Internacional de Economía Social
A Xunta concede a 73 anpas galegas axudas para facilitar a conciliación e promover a formación e sensibilización en corresponsabilidade
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da liña de corresponsabilidade desta convocatoria dotada con 600.000 euros
Fabiola García avanza que o Espazo de igualdade e os Puntos lila e arco iris percorrerán os oito festivais de maior afluencia de público de Galicia
A Xunta tamén porá este servizo a disposición dos asistentes ao Resurrection Fest, o Portamérica, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Atlantic Fest, o Morriña Fest, o Río Verbena e o Caudal Fest