Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Cooperación:

28/01/2025 | 14:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo informa do compromiso da Xunta coas dotacións culturais locais a través de dúas axudas para actividades de fomento da lectura e para mellorar os seus fondos

A delegada explicou o programa ‘Ler conta moito’, unha liña dotada con 195.000€, que está dirixida a colaborar cos concellos na programación de iniciativas de dinamización da lectura, co prazo aberto ata o 14 de febreiro

28/01/2025 | 14:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural inicia os pagos das axudas ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que se acolleron á destilación de crise

En total, destilouse viño de 15 bodegas por valor de preto de 350.000 euros e o alcol obtido emprégase para uso industrial

28/01/2025 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende que a promoción da lingua e a cultura galegas por parte dos medios públicos autonómicos serán innegociables

No debate de totalidade do Proxecto de lei de medios, o conselleiro  de Presidencia subliñou que se trata dunha lei “útil” para lingua, a cultura e o sector audiovisual de Galicia, ao tempo que ofrece “man tendida na procura de consenso”

28/01/2025 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais dotada con 3,5 M€

A través da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia o Goberno galego apoia a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras

27/01/2025 | 10:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,8 M€ ás axudas para programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior no período 2025-2027

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria, que contará con achegas de ata 600.000 euros para ONGDs que actúen en países de intervención prioritaria

26/01/2025 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo

25/01/2025 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional

Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores, creando pezas únicas e personalizadas

25/01/2025 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor MeteoGalicia e os protocolos que aplica para garantir que a comunidade estea mellor preparada ante os efectos dos eventos adversos

Ángeles Vázquez explica que cun cadro de persoal integrado por 25 persoas, o organismo meteorolóxico autonómico ofrece o seu servizo os 365 días ao ano e apóiase nunha rede de arredor de 160 estacións de medición e 46 de calidade do aire

25/01/2025 | 13:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e empresas do sector servizos

A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes co aforro enerxético e a sustentabilidade”

24/01/2025 | 19:06 | C. do Mar

Villares resalta aos Galp como instrumentos esenciais na transformación e dinamización da actividade pesqueira galega

O conselleiro do Mar visita o proxecto financiado pola Xunta, a tavés do Galp Ría de Arousa, e que permitu a adquisición de maquinaria para o marisqueo cunha achega autonómica de máis de 108 mil euros